Posibles orixes das marcaradas e ritos ancestrais

 Posibles orixes ancestrais do mundo chamánico.

Ritos ancestrais e o solsticio de inverno.

Tal vez para atopar o orixe común destas festividades de inverno, que teñen seu punto clave no calendario estacional natural no solsticio de inveno. Nesta data clave, a finais de decembro, onde Sol morre de todo (en luz, forza, longo dos días), renace de novo e pouco a pouco vai traendo luz o inverno.

Todas as culturas antigas europeas, mediterráneas e ata orientais, teñen un nexo común de ritos, como grandes ritos con lume, banquetes populares e pagar tributo ou voto para espantar os demos do período escuro do inverno. Nestas sociedades gandeiras e agrícolas primarias tería unha importanza destacada o “chaman” ou “guía” espiritual, o encabezar o rito e ser o portavoz ante os deuses para lograr o bo auguro cara a chegada da primavera.

A Máscara, era peza clave nos ritos encabezados polos chamans, pois como emisario dos vivos os deuses, tiña que agochar súa parte mortal e humana para que seu mensaxe chegase os deuses, cos tributos e votos, e así poder interpretar o agoiro que estes lle van enviar. Ese tipo de mascaras de chamans, ser que nin tiña sexo, inda se pode ver a día de hoxe en certa tribos de carácter primitivo de África e América.  

Neste petróglifo da Laxe dos Homes, en Cequeril (Cuntis), se pode interpretar un ser heraltico, poderoso, coa cara oculta e cornos, e éstranos adornos nos brazos, pernas en pes, que agarra a outro que semella tombado, cos brazos agochados (inmóbil) e co seu membro viril erecto (al vez a causa dalgunha substancia). Esta representación pode interpretarse como un ritual de sacrificio a os vellos deuses, co chaman coa súa mascara con cornos e vestimenta ritual, e a vítima, entregada como tributo os deuses para que estes os escoitaran. 

Tamén nestes ritos se utilizaría o lume, para espantar os demos do inverno e iluminar a escuridade, preludio do crecemento do sol, cousa que xunto os tributos e votos os deuses, que hoxe pasaron a pedir aguinaldos polas casas, seguen vivos en muitas mascaradas e entroidos tradicionais do noroeste peninsular.

Outras tradicións ancestrais deste periodo antigo, seria os que teñen que ver co propio espertar do mundo co sol, e teñen que ver con animais ou fertilizar as colleitas, temos así exemplos como:

-          O espertar de invernar dos osos, como o Oso de Salcedo.

-          O gando que sae das zonas dos poboados e cortes para voltar pastar nos campos, e así tamén, a volta da caza. Temos muitos exemplos destas tradicións conservadas como a baixada da Marela (Maceda) ou a Vaca Antrueja en Sayago (Zamora).

-          Os galos, inda que este rito posiblemente chegara despois, tivo gran influencia nas chamadas Corridas do Galo, pois o fin o galo é un animar solar que canta coa saída do sol e simboliza a abundancia alimentaria.

-          No campo de fertilizar as terras, temos a tradición de tirar fariña ou que certos persoaxes deste ciclo, como o Pucho de Santiago de Arriba, en chantada, teña que pisar os campos para fertilizalos.

-          Tamén en sociedades máis gandeiras, se pode incluír os folións e as chocas, que co seu son a parte de marcar rito nun trance ritual, espantan as treboadas do inverno, estando inda moi vivos nas serras orientais e ourensáns.

-          Os banquetes rituais, coñecidos dende tempo dos galaicos e castros pola arqueoloxía, era onde a sociedade tribal xuntaba recursos, escasos no inverno, para facer xantares populares durante os ritos, pode que de aquí, parta a base do remate de muitos entroidos como o de Ribadetea e ata a tradición das Comadres e Compadres.


Infuenzas célticas e xermanas.

Neste campo, podemos ver ritos e tradicións do mundo celta, e posteriormente xermanos coa chegada de Suevos e Godos no século V, de festexos no solsticio de inverno e como puideron influír nos nosos entroidos tradicionais actuais.

O Tronco Yule, tanto da céltica como da xermana, é un rito onde se collía un troco, decorábase e faciase festexos e votos o redor del, e finalmente se queimaba, posiblemente sexa o antecesor a nosos “mecos”, como o do Entroido de Teixuguiras, en Cartelle.

A satírica e coplas dos bardos, que eran os aprendices de druídas no mundo céltico,cos seus instrumentos recitaban en forma de verso o final do ano satíricas muitas veces de escarnio contra os propios membros da comunidade, e posible que ata en algúns lugares se celebraran xuizos nestas reunións de fin de ano tribais, pois era cando se reunían todo o clan.

Banquetes coas últimas colleitas, era costume máis dos xermanos, facer grandes banquetes veciñais para celebrar o fin do inverno e dar así simbolización o espertar das terras de cultivos e colleitas, deste tradición como falamos antes, xa era existente pero puido influír en acentuala.

A Caceria Salvaxe, tamén dos xermanos, unha caceria ritual do fin do ano que pode ter relación con muitos ritos actuais, por exemplo a Caza Salvaxe do Oso de Sande.


Infuenzas grecorromanas e orientais.

Estas chegarían a partir do século I da nosa era coa conquista romana e súa liberdade de culto ata o cristianismo, mesmo que en muitos ritos son similares ou case idénticos os anteriores, como grandes banquetes sociais e fogueiras para espantar os espíritos do inverno, outros teñen características mais propias.

Influencia romana, as Saturnais, estas festas eran vinculadas o deus Saturno e o solsticio do inverno, e dentro das que nos puideron influír, destacan as seguintes.

Inversión de clases sociais, que consistían neses días de festividades, en que os amos pasaban a ser escravos, e os escravos a amos. E dicir, isto pode explicar parte da libertinaxe, falta de autoridade e satírica dos entroidos, onde tamén en muitos caos os homes travístense en mulleres, e estas en homes. Tamén pode estar arraigado a fortalecer como autoridade nese día, a figura central do Entroido ou mascarada, que noutro tempo máis antigo puido ser o chaman e seus axudantes, os cales se lles daba aguinaldo.

No mundo grego, no final do inverno tamén se vestían con peles de animais de mascaras, tradición que sigue moi viva na súa actual zona de influencia (Grecia, os Balcáns, Macedonia, Bulgaria...)

Cara o imperio romano tardío, as relixións e correntes espíritos vidas de oriente tiveron muito auxe, e o noroeste non foi excepción, temos exemplo como os restos do antigo templo romano de Santa Eulalia de Bóveda onde nunha representación tallada nunha columna, se pode ver unha figura cuns arcos moi similares a uns danzantes ou rancho de reis.

Xa do propio vello Exipto, podemos sacar a antiga celebración do Wepet Renpet no solsticio de inverno, onde a luz vence sobre a escuridade. Nas celebracións entre banquetes, saían a bailar danzantes coloridos, o mesmo tempo que algúns sacerdotes portaban mascaras simbolizando os deuses.

Nestas últimas influenzas, chegadas con Roma, podemos ver tamén que zonas mais romanizadas como as costas, tiveron maior influenza destes ritos cos seus danzantes coloridos, posiblemente primeiro acompañados de frautas e logo gaitas, cun carácter máis agrario e simbolizando (coas cores) a chegada da primavera e as colleitas. Pola contra as zonas máis interiores de montaña, menos romanizadas e máis arraigadas a cultura gandeira, prevaleceron ritos máis primarios, que ata se cristianizaron co paganismo do Demo (O Chocalheiro de Bemposta) e outros personaxes, muitos femininos como A Filandorra (Zamora) pero quedaron moi arraigados e per vivindo en zonas máis illadas, como no caso do triangulo Ourense, Zamora e Tras os Montes en Portugal.



Comentarios